Evento: 8ª Edición Mercado da Estrela
8ª Edición Mercado da Estrela
Festival de Nadal dedicado ao talento creativo de artistas, artesáns, produtores e emprendedores de Galicia: marcas de deseño de moda e complementos, xoguetes artesanais, bixutería e xoiaría, ilustración e papelería, decoración, cerámica, obxectos para o fogar... Conta tamén con zona gastronómica e foodtrucks, actuacións musicais, obradoiros e actividades sostibles e específicas para peques.
A orixinalidade e o talento teñen cita de seu, o Mercado da Estrela, un espazo multidisciplinar que ademais da feira creativa, na que os creadores e emprendedores de Galicia presentan os seus produtos no claustro do Museo do Pobo Galego, a Zona C e na Casa do Matadoiro; contará cunha Cantina Gourmet con oferta gastronómica e programación de concertos nunha carpa en San Domingos de Bonaval, e unha zona Food-truck amenizada con sesións DJ na Praza 8 de Marzo.
Espazos:
- Centro Obra Social Abanca
- Praza de Cervantes - Espazo Gastronómico Estrella Galicia
- Praza 8 de marzo
- Cantina Gourmet - Escenario Fundación SGAE no corredor que conduce a Bonaval entre o Museo do Pobo Galego e o CGAC
Actividades destacadas:
- Sesións picadiscos: Con DJs como Russinha DJ, Yurak Walla, Daasanach DJ, ou Um Sincero Pinchacumbias
- Obradoiros: de elaboración de bolsas para ir á compra e outras pezas textiles a partir de paraugas rotos e usados, de elaboración de coroas, diademas e tocados de Nadal, etc.
- Foliadas: foliada de música e baile tradicional galego na tarde do venres e de swing na tarde do sábado.
- Exhibición mural con Mutante Creativo na Praza 8 de marzo o venres dende as 13h.
- Gardería Ludoteca de balde
- Catas de viños
Concertos:
Venres 20: De Ninghures, Elvis Negro y Los Bengala.
Sábado 21: Aparato, Las Cruzes y Blanco Palamera.
Domingo 22: Mundo Prestigio, Laura LaMontagne y The Limboos.
Co-organizan: Correveydile e Concello de Santiago de Compostela, a través do Dpto. Mpal. de Festas e Turismo de Santiago de Compostela.