Evento: 8ª Edición Mercado da Estrela

8ª Edición Mercado da Estrela
venres, 20 decembro, 2019 a domingo, 22 decembro, 2019
Praza de Cervantes,
Santiago de Compostela

8ª Edición Mercado da Estrela

Festival de Navidad dedicado ao talento creativo de artistas, artesáns, produtores e emprendedores de Galicia: marcas de deseño de moda e complementos, xoguetes artesanais, bixutería e xoiaría, ilustración e pape...

Festival de Nadal dedicado ao talento creativo de artistas, artesáns, produtores e emprendedores de Galicia: marcas de deseño de moda e complementos, xoguetes artesanais, bixutería e xoiaría, ilustración e papelería, decoración, cerámica, obxectos para o fogar... Conta tamén con zona gastronómica e foodtrucks, actuacións musicais, obradoiros e actividades sostibles e específicas para peques.

A orixinalidade e o talento teñen cita de seu, o Mercado da Estrela, un espazo multidisciplinar que ademais da feira creativa, na que os  creadores  e  emprendedores  de  Galicia presentan  os  seus  produtos  no  claustro  do Museo do Pobo Galego, a Zona C e na Casa do Matadoiro; contará cunha Cantina Gourmet con oferta  gastronómica e programación de concertos nunha carpa en San Domingos de Bonaval, e unha zona Food-truck amenizada con sesións DJ na Praza 8 de Marzo.

 

Espazos: 

 

- Centro Obra Social Abanca

- Praza de Cervantes - Espazo Gastronómico Estrella Galicia
- Praza 8 de marzo

- Cantina Gourmet -  Escenario Fundación SGAE no corredor que conduce a Bonaval entre o Museo do Pobo Galego e o CGAC

Actividades destacadas:

 

- Sesións picadiscos: Con DJs como Russinha DJ, Yurak Walla, Daasanach DJ, ou Um Sincero Pinchacumbias

- Obradoiros: de elaboración de bolsas para ir á compra e outras pezas textiles a partir de paraugas rotos e usados, de elaboración de coroas, diademas e tocados de Nadal, etc.

- Foliadas: foliada de música e baile tradicional galego na tarde do venres e de swing na tarde do sábado.

- Exhibición mural con Mutante Creativo na Praza 8 de marzo o venres dende as 13h.

- Gardería Ludoteca de balde

- Catas de viños

 

 

Concertos:

Venres 20: De Ninghures, Elvis Negro y Los Bengala.

Sábado 21: Aparato, Las Cruzes y Blanco Palamera.

Domingo 22: Mundo Prestigio, Laura LaMontagne y The Limboos.

 

 

Co-organizan: Correveydile e Concello de Santiago de Compostela, a través do Dpto. Mpal. de Festas e Turismo de Santiago de Compostela.

+info

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos