Evento: Punto final ao Outono Códax 2019

Punto final ao Outono Códax 2019
mércores, 11 decembro, 2019 - 20:30
Sala Capitol ,
Santiago de Compostela

Punto final ao Outono Códax 2019

e Automatic City aterra por primeira vez en España para pechar o Outono Códax Festival

Os franceses Automatic City serán os encargados de poñer o punto final ao Outono Códax 2019, o festival galego de música negra que remata así a súa 9ª edición na que, un ano máis, volveu achegar a Galicia o mellor do soul, o rhythm & blues, o blues e o rock'n roll clásico.

Os de Lyon chegan deste xeito ao ciclo galego, na que será ademais a súa primeira actuación en España, para ofrecer un dos seus explosivos directos, cheos de blues, si, pero incorporando ao seu xenuíno son o seu gusto polo exótico oriental, polo psicodélico, polas bandas sonoras de películas de ciencia ficción, polos ritmos africanos, polos latexos electrónicos. Escoitalos, velos, gozalos en directo é, por momentos, entrar nunha igrexa baptista do Mississippi; por outros, pasear polo Sáhara en camelo; en ocasións, sentirse secuestrados por un clan de extraterrestres.

Riman sempre con sorpresa e soan retro-futuristas, como unha viaxe actualizada á orixe do xénero: voces conmovedoras, ritmos orgánicos, sons crús, a raíz do blues e o rhythm & blues, redefinida con salvaxes guitarras eléctricas, percusións variadas, vellas caixas de ritmo, theremín ou sitar, botellas, latas,… Todo axitado e húmido, vibrante e suxestivo. Como o propio blues, o auténtico blues. Segundo a crítica especializada, imperdibles.

Máis eventos de tipo Concerto

Tributo 70's e 80's
17 de xullo
Praza da Igrexa
Odaiko Familiar
17 de xullo
Campo do Souto
Os Piñeiros
17 de xullo
Meamán
Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo
18 de xullo
Espazo Lorenzo Varela