Evento: Cineuropa

xoves, 7 novembro, 2019 a xoves, 28 novembro, 2019
Varios espazos
, Santiago de Compostela

Cineuropa

Cineuropa33 celébrase do 7 ao 28 de novembro en Santiago de Compostela!

Os case 200 títulos que compoñen o festival estarán estruturados en competición oficial, na que se diferencian cinco categorías –Europea, Panorama internacional, Docs Cineuropa, Latidoamericano e Animaeuropa, que se estrea neste edición–, e seccións paralelas, que servirán para redondear o contido do festival, reforzar temáticas e crear conexión entre as películas en competición e as restantes.

Os filmes da programación paralela estarán dedicados a lembrar as traxectorias de cineastas como Agnès Varda, Chantal Akerman, Jonas Mekas ou a da crítica Pauline Kael. Estas seccións tamén afondarán na produción da directora Jessica Hausner e dedicarán espazos a películas vinculadas a varias temáticas, como son o cambio climático e a emerxencia ecolóxica, ou a avaliación da vixencia do test de Bechdel a través de filmes producidos en Hollywood.

Ademais, o cinema galego terá tamén un espazo destacado dentro de Cineuropa con 17 títulos entre os que se contan estreas de películas como Arima, Longa Noite e Eroski Paraíso, ademais da presenza da meirande parte dos directores e directoras no festival.

Máis eventos de tipo Festival

8ª Edición Mercado da Estrela
20 de decembro a 22 de decembro
Praza de Cervantes
'Escenas do cambio 2020'
31 de xaneiro a 8 de febreiro
Lugar de la Ciudad de la Cultura