Evento: Toponimízate 2019

Toponimízate 2019
venres, 27 decembro, 2019 - 20:00
Casa da Cultura de Vilalba,
Vilalba

Toponimízate 2019

Ponse en marcha un ano máis o programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra.

A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso. Entre outubro e decembro de 2019 Toponimízate chegará a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Noia, Mazaricos, Muxía, Ordes, Folgoso do Courel, Guitiriz, Taboada, Vilalba, Beariz, Manzaneda, Ribadavia, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Lalín e Pazos de Borbén.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 28
28 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de creación de mensaxes secretas dedicado a Siro López
30 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de ilustración científica
31 de xaneiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Dicionario de espellos
31 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense