Evento: Medida por medida de Shakespeare

venres, 22 febreiro, 2019 - 20:30
Sala Ángel Brage- Auditorio de Galicia
, Santiago de Compostela

Medida por medida de Shakespeare

Espectáculo a cargo de Producións Teatrais Excéntricas

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a sua brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na sua carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo,  irrecoñecível baixo o hábito de frade mendicante. Neste 15º aniversario da sua fundación, Excéntricas convida novamente un autor que nunca pasa de moda para colaborar no novo espectáculo. Trátase de William Shakespeare, que xa ficara moi satisfeito da anterior colaboración, o triunfante espectáculo "Shakespeare para ignorantes". Lembramos a William despois da función no festival de Almagro con bágoas nos ollos: "Asi! Así! Por fin alguén entende a miña obra". Aquel era un espectáculo de fragmentos escollidos, nesta ocasión imos por na escena unha obra enteira, a sofocante, divertida, enigmática e vitriólica: "Medida por Medida".

Unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre.

No reparto estarán, entre outros, Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Evaristo Calvo, Josito Porto, Santi Romay e Víctor Mosqueira e na direcciónQuico Cadaval que xa colaborara co autor inglés na exitosa Noite de Reis do CDG.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Prostitución
30 de maio, 20:00
Pazo da cultura
Senior
30 de maio, 21:00
Salón García
Crunch!
31 de maio, 18:30
Auditorio municipal Gustavo Freire
Senior
6 de xuño, 21:30
Auditorio municipal Reveriano Soutullo