Evento: Os d`Abaixo en concerto

Os d`Abaixo en concerto
sábado, 16 novembro, 2019 - 22:00
Arca da Noe,
Vilar de Santos

Os d`Abaixo en concerto

Quixera ser dos paxaros

A banda folk Os d'Abaixo está formada, entre outros, por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. 

O seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient, sen moitas pretensións, como era na realidade a banda, nacida co fin de amenizar os bailes folk da súa cidade. Pero a aceptación foi tal, que comezaron a xirar por festivais e festas tanto de Galicia como de fóra, covertíndose nun dos grupos folk de referencia.
 

En Maio de 2017 presentaron Quixera ser dos paxaros, o seu segundo disco, primeiro de estudio, composto por temas case todos inéditos provenientes dun grande traballo de investigación, ao que tamén se adica a banda. Un disco moi traballado onde a compoñente estética ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como no deseño gráfico e a fotografía. No disco, cada un dos temas ven acompañado dunha detallada descrición que axuda a comprender o traballo de investigación do repertorio. 
 

No último ano, tocaron nalgúns dos festivais folk máis destacados, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, o Brosella Folk & Jazz (Bélxica), a Fira Mediterrània de Manresa, o FIMPT de Vilanova i la Geltrú ou o Arredas Folk Fest (Portugal), entre moitos outros.
 

Neste 2019, presentan novo acordeonista: Santi Cribeiro (Berrogüetto) e preparan novo repertorio para a xira de verán.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Cualquier verdura
30 de maio, 19:30
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña