Evento: Lulavai en concerto

Lulavai en concerto
xoves, 12 decembro, 2019 - 21:00
Casa das Crechas,
Santiago de Compostela

Lulavai en concerto

Concerto acústico

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto, onde o protagonismo de 4 arpas celtas e a polifonía das súas voces, dan vida a unha formación única, chamada Lulavai.

Coñécense en 2005, ó tempo que formaban parte da orquestra folk Sondeseu, baixo a dirección do ex compoñente de Milladoiro e mestre de arpa, Rodrigo Romaní.

As súas inquedanzas por explorar novos mundos sonoros lévaas a emprender en 2008 este novo proxecto musical: 4 arpas e 4  voces,  interpretando con coidados e elaborados arranxos, temas tradicionais galegos e de compositores galegos.

A súa andaina polos escenarios comezou ese mesmo ano, cando son seleccionadas como finalistas no "Festival cancioneiros", organizado pola Fundación Pedro Barrie de la Maza. A partir de aí comenzan  traballar no que será o seu primeiro CD, titulado CorDasVerbas, editado por Sul Producciones no 2010. Con él percorrerán multitude de  escenarios, dende Galicia ao País Vasco, Segovia, Portugal ou Francia, participando en importantes festivais nacionais e internacionais, como Lorient, FolkSegovia, Oito Maos, Folkez Blaiz ou o Arcu Atlánticu de Xixón entre outros.

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53
Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3