Evento: Clave de fado
Clave de fado
Clave de fado
Concerto de música folk e fado-fusión a cargo do grupo Clave de Fado
Presentación do disco Xanelas
Músicos: Iria Estévez (Voz), Gonzo Piña (Guitarra), Paco Dicenta (Contrabaixo), Isaac Garabatos ( Bouzouki, Viola e Caipira)
Despois de catro anos, de intensa e cada vez máis exitosa andadura como grupo de versións (que por entonces estaba formado por Gonzo Piña,Iria Estévez e Pepe Piña), o público comezou a animar ao grupo a crear temas propios. Ademais persoeiros importantes da cultura animaron á súa vez ao grupo á creación dun disco. Todos estes factores unidos ás propias inquedanzas creativas dos seus membros, levaron a Clave de Fado a gravar o seu primeiro disco, onde se poden escoitar temas que beben do fado pero que navegan tamén por moitas outras músicas.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo
16 de xaneiro, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
23 de abril, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
24 de abril, 21:00
Auditorio Afonso Eanes do Cotón - Negreira - A Coruña