Evento: Proxeccións e sesións comentadas de grandes clásicos da historia do cinema.
Proxeccións e sesións comentadas de grandes clásicos da historia do cinema.
venres, 4 outubro, 2019 a venres, 26 xuño, 2020
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo,
Vigo Proxeccións e sesións comentadas de grandes clásicos da historia do cinema.
Ciclo de proxeccións de grandes clásicos do cine
A partir do 4 de outubro, o MARCO inicia unha nova actividade da man do cineclube Sunset Boulevard. Un ciclo de proxeccións de grandes clásicos da historia do cinema, unha vez ao mes, cun total de dez sesións repartidas entre outubro de 2019 e xuño de 2020.
En cada sesión, a proxección do filme (VOSE) está precedida dunha presentación, e seguida dunha análise e coloquio durante o que se tratarán e debatirán os aspectos máis relevantes das obras, procurando un tono divulgativo e didáctico.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual