Evento: Concerto de Festicultores Troupe

mércores, 14 agosto, 2019 - 21:30
Rúas do pobo
, Ribadeo

Concerto de Festicultores Troupe

Pasarrúas

Festicultores Troupe no 2019 cumprirán 14 anos de Festicultura.

Para celebralo teñen preparado un novo espectáculo sorprendente , alegre, e moi participativo onde a interacción co público será a nota predominante.

O Festicidio Colectivo será unha festa   apoteósica , épica  , frenética e analxésica . Unha sobredose festiva na que o índice de mortalidade das depresións rozará o 101%.

Humor e coreografias  misturaranse nun novo repertorio musical onde afusión de melodías balcánicas e circenses con ska, rumba e electrónica farán que o público disfrute plenamente da Festicultura .

Neste ano tan especial tamén grabarán novos temas os cales se presentarán nun novo EP , no que contarán con  colaboracións de moitos amigos e antigos compoñentes.

En formato pasarrúas coma no escenario este espectáculo está deseñado para facer disfrutar o público de tódalas idades e a calquera hora do día.

Un grupo totalmente autónomo que conta con 8000 watios de son propio e co cal non se precisan máis necesidades técnicas. 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Unha noite no muíño
22 de agosto, 12:00
Biblioteca Rosalía de Castro
De Vacas
23 de agosto, 22:00
Praza da Torre
A vida pasa voando
23 de agosto, 22:00
Centro cultural municipal
Camiño longo
24 de agosto, 17:00
Carballeira de Meixaboi