Evento: Falo porque me peta

xoves, 26 setembro, 2019 - 18:30
Auditorio Servizos múltiples
, Culleredo

Falo porque me peta

Espactáculo de maxia para todos os públicos a cargo de Fani Triana Ilusionista

Atopámonos no ano 107 d.CE. (despois de Celso Emilio) ou ano 2019 nalgunhas civilizacións.

Unha viaxe escénica, máxica e lingüística percorre cada recanto do país, amosando as anormalidades decotío no uso do galego, a realidade laboral do idioma e a marabilla de posuír un “Monte Pindo” de fala propia, nun espectáculo de ilusionismo máis sorprendente que atopar un programa cultural na televisión.

Dende A Coruña até Tui, pasando polo Carballiño, Costa da Morte, Os Ancares etc., recolleremos, canda moitas sorpresas e abraios, un campo inzado de ledicias, anomalías e paixón polo galego.

Número de persoas no mundo coas que podemos comunicarnos na nosa lingua, porcentaxes actuais de galegofalantes, prexuízos en entrevistas de traballo, uso do galego nos medios de comunicación, maxia, comicidade, participación do público e moito máis, para un espectáculo
cun fío condutor:

“falar galego porque si, porque nos peta”.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Clone of Inexplicable (Un engano entretido)
20 de setembro, 20:00
Auditorio Municipal
Inexplicable (Un engano entretido)
20 de setembro, 20:00
Auditorio Municipal
Dos Fíos invisibles chegan as cores
20 de setembro, 22:30
Pazo da Peregrina, Bertamiráns
Loló e mamá
20 de setembro, 22:30
Auditorio Edificio multiusos