Evento: Antonio Fraguas Fraguas

  • Mostra bibliográfica Antón Fraguas_Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
Antonio Fraguas Fraguas
luns, 6 maio, 2019 a venres, 31 maio, 2019
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Antonio Fraguas Fraguas

Mostra bibliográfica e guía de lectura

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Mostra bibliográfica e Guía de lectura sobre Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Antonio Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) é o protagonista do Día das Letras Galegas de 2019. A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión un home que traballou arreo para difundir os tesouros que herdamos dos galegos e galegas que nos precederon: a lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.

"A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra".
(Antonio Fraguas Fraguas)

A mostra pódese ver no Vestíbulo da biblioteca, do 6 ao 31 de maio

A Guía de lectura podes consultala AQUÍ

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde