Evento: Dinamitadas, el despertar de la ironía

  • Dinamitadas
  • Dinamitadas
  • Dinamitadas
Dinamitadas, el despertar de la ironía
xoves, 20 decembro, 2018 - 19:30
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Dinamitadas, el despertar de la ironía

Presentación do cómic na sala Montenegro

Trátase dun libro de viñetas cuxa protagonista é Dina Mita, unha nena de 9 anos irónica e irreverente que mira con ollo inxenuos, á vez que críticos, a sociedade na que vivimos.

Defensora dos dereitos dos animais, ecoloxista e feminista, desde o seu nacemento en 2013, estivo seguindo a vida política e aos seus protagonistas. Dinamitadas recompila algunha das súas viñetas e micro-cómics e conta con dous grandes prólogos: un do humorista gráfico Xaquín Marín e outro do catedrático Xesús Alonso Montero. E, coma se isto fose pouco, tamén conta con frases sobre ela escritas por grandes personaxes da cultura como, por exemplo, María Xosé Porteiro, José María Pérez (Peridis), Marica Campo, Helena Villar Janeiro, Mariña Nuñez, etc.

Dinamitadas, el despertar de la ironía é un libro que non deixa indiferente e a súa presentación é tan atípica como o propio contido do libro e a propia Dina Mita.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello