Evento: II Xornadas de Novela Histórica

venres, 29 marzo, 2019 (hora sen determinar) a sábado, 30 marzo, 2019 (hora sen determinar)
Biblioteca Pública Municipal de Verín
, Verín

II Xornadas de Novela Histórica

Contará coa presenza de Santiago Posteguillo

O escritor Santiago Posteguillo,  Premio Planeta, será un dos participantes nas II Xornadas de Novela Histórica da Biblioteca do Concello de Verín. Posteguillo participará na mesa redonda sobre novelas históricas sobre a Hispania romana, na que participarán tamén Margarita Torres, escritora e profesora titular de Historia Medieval da Universidade de León, e Francisco Narla, escritor. O programa contará tamén coa presenza de José Calvo Poyato e José Luís Corral, que falarán sobre o último tesouro visigodo  e que, no caso de Corral, que abordará tamén a experiencia de escribir sobre o período dos Austrias. 

O ciclo de conferencias está organizado pola Biblioteca Pública Municipal, a concellería de Cultura do Concello de Verín, a Sociedade Antropolóxica Galega e a Asociación Escritores con la Historia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Café da memoria: as conserveiras
24 de xaneiro
Museo do Pobo Galego
El arte de la interpretación interactiva
25 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Palestra sobre Castelao
Palestra sobre Castelao
17 de xaneiro
Biblioteca Pública de Lugo
Vence la ansiedad y el miedo que te bloquea
24 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal