Evento: Outra Coruña posible: Domingos Merino

Outra Coruña posible: Domingos Merino
xoves, 25 outubro, 2018 - 20:00
Asociación Cultural Alexandre Bóveda,
A Coruña

Outra Coruña posible: Domingos Merino

Documental sobre o primeiro consistorio coruñés democrático

Estrea do documental Outra Coruña posible: Domingos Merino, que se achega á figura de Domingos Merino. 

O documental, realizado entre febreiro e setembro de 2018, retrata os anos do primeiro consistorio coruñés democrático despois da morte de Franco. Colaboran nel o escritor e xornalista Manuel Rivas; o actual rexedor da cidade, Xulio Ferreiro; a ex-concelleira de cultura, María Xosé Bravo; o activista Nicanor Acosta, o actor Manuel Lourenzo, o sociólogo Manuel Monge e o marido de Domingos Merino, Jorge Galiñanes, entre outros.

Entrada libre ata completar capacidade 

  • Trailer

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Anoche conquisté Tebas
30 de xuño
Filmoteca de Galicia
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra