Evento: Roteiros literarios
Roteiros literarios
Percorrer a provincia de Pontevedra descubríndoa mediante a literatura e a presenza que nela teñen as súas diferentes localidades é posible. Un programa de roteiros seguirá a diferentes autores, diferentes libros e diferentes historias por diversas localidades da provincia, guiados á súa vez por escritoras e escritores galegos contemporáneos.
Os roteiros son organizados polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). É preciso inscrición previa no correo electrónico roteiros.cultura@depo.gal.
Progama de roteiros
Moaña
"Moaña, as traballadoras do mar" con Xosé Daniel Costas Currás
Sábado 25 de agosto de 2018, de 11:30 a 13:00 horas
Vilagacía de Arousa
"O xardineiro dos ingleses" con Marcos Calveiro
Sábado 1 de setembro de 2018, de 11:30 a 13:00 horas
Cuntis
"Roberto Blanco Torres" con Marcos Seixo
Sábado 8 de setembro de 2018, de 11:30 a 13:00 horas
Vigo
"Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" con Ledicia Costas
Sábado 15 de setembro de 2018, de 11:30 a 13:00 horas
Ribadumia, Meis e Barro
"Seique, quando os passeios eram morte" con Susana Sánchez Arins
Sábado 22 de setembro de 2018, de 11:30 a 13:00 horas (percorrido en autobús)
Tui
"Tui na literatura" con Marga do Val
Sábado 29 de setembro de 2018, de 11:30 a 13:00 horas
Bueu
"Paseo literario Johan Carballeira" con Lucía Novas
Sábado 6 de outubro de 2018, de 11:30 a 13:00 horas



