Evento: O patrimonio industrial nos Peares

O patrimonio industrial nos Peares
domingo, 26 agosto, 2018 - 11:00
Estación de tren Os Peares,
A Peroxa

O patrimonio industrial nos Peares

Actividade de Monumenta, andar con arte

Os Peares é un dos grandes epicentros da industria galega e non só pola actividade fabril presente na zona, como as centrais eléctricas, as adegas de viño, o ferrocarril e outras empresas tradicionais, senón tamén porque os seus encoros foron decisivos para a subministración eléctrica, o que propiciou a instalación posterior de empresas tan importantes como Citroën en Vigo. En pouco máis de catro quilómetros repasarase a vida do ferrocarril, a historia de Bodegas Gallegas, o viño galego que se exportou a Cuba e, por suposto, as diferentes estacións eléctricas cun paseo polo encoro dos Peares e a súa arquitectura.

Ademáis, escoitarase a Son Trío, un grupo feminino de Vigo.

Co camiñante convidado Xoán Carmona Badía, catedrático de institucións económicas da Universidade de Santiago de Compostela, investigador da historia marítima e empresarial, e do patrimonio industrial.

Prazas limitadas a 90 persoas. Inscrición do 20 ao 24 de agosto no web http://monumentagalicia.com/

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Obradoiros e visitas para o curso escolar no Museo Massó
Obradoiros e visitas guiadas
8 de setembro a 19 de xuño
Museo Massó
ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
O Museo a fondo. Serafín Martínez del Rincón y Trives
12 de marzo a 20 de xuño
Museo de Belas Artes