Evento: Festa da Exaltación do Pan de Cea

Festa da Exaltación do Pan de Cea
domingo, 7 xullo, 2024 - 11:00
Campo da Saleta,
San Cristovo de Cea

Festa da Exaltación do Pan de Cea

Festa de Interese Turístico

Un dos produtos máis internacionais da gastronomía ourensá é o pan de Cea, que se elabora seguindo unha antiga receita en fornos artesanais en todo o concello, e que conta, como é corrente en Galicia, coa súa propia festa de exaltación, o primeiro domingo de xullo.
O programa festivo comeza a tarde do sábado, coa organización de distintos obradoiros en torno ao proceso de elaboración do pan ou de petiscos que levan como base principal o pan de Cea.
O Campo da Saleta, convenientemente amenizado por pandeireteiras, charangas e gaitas, é o escenario onde, o domingo, ten lugar a Festa do Pan de Cea, co seu pregón e comidas popular e de autoridades, nas que se reúnen todo tipo de produtos con denominación de orixe galega, desde viños e queixos ata lacón, mel, tenreira, augardentes, licores, patacas ou produtos de agricultura ecolóxica. Os stands de artesáns e comerciantes de doces, produtos da horta, lácteos, aceites, bebidas son unha continua trasfega de xente, e os panadeiros chegan a cocer e vender ata un millón de pezas do tan estimado pan.
Pola tarde, o baile, as actuacións musicais e unha degustación gratuíta de pan, chourizos e viño poñen o punto final á festa.

Destacado: Obradoiros de elaboración do pan.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Salmón
18 de maio
Varios espazos
Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Festa do Peixe
13 de xuño a 15 de xuño
Bande