Evento: XIX Festival internacional de títeres de Redondela

XIX Festival internacional de títeres de Redondela
luns, 14 maio, 2018 a domingo, 20 maio, 2018
Varios espazos da vila,
Redondela

XIX Festival internacional de títeres de Redondela

Memorial Juanjo Amoedo

Redondela volve converterse no centro dos espectáculos de monicreques de Galicia durante o mes de maio coa XIX edición do Festival internacional de títeres. Unha cita na que se presentarán 26 compañías, tanto de Galicia como doutros lugares de España e de distintos países, entre os que están Portugal, Francia, Dinamarca, Arxentina, Perú ou Chile. 

Ao longo dos sete días do festival, haberá unha programación especificamente para centros escolares, ademais da programación de sala. Os monicreques sairán destes espazos no Día das Letras Galegas e na fin de semana, con representacións nas rúas e prazas da vila.

Roteiros, mostras, concertos e o Mercadiño titiriteiro completan a oferta desta cita.

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos