Evento: A voltas co baile

  • A voltas co baile
A voltas co baile
sábado, 14 abril, 2018 - 11:00
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

A voltas co baile

Estereotipos de xénero e danza tradicional

O Museo do Pobo Galego celebra o Día da Danza cun obradoiro que convida a reflexionar sobre os estereotipos de xénero na transmisión do baile tradicional. A parte teórica abordará a contextualización e características do baile en Galicia, a identificación de estereotipos de xénero, a análise de recollas e coplas de tradición oral, a idea de se a tradición é un concepto estático e a reflexión sobre a responsabilidade colectiva na transmisión do baile. O obradoiro contará cunha parte práctica. 

Inscrición previa ata o 12 de abril no corro servizosdeac@museodopobo.gal ou no teléfono 981 583 620. A matrícula é gratuíta, pero haberá que pagar 3 euros polo material empregado. 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Personaxes máxicos do Samaín
28 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Obradoiro de Samaín
30 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O recordo ficticio
30 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal