Evento: XXI Festa Encontro Degustación Millo Corvo

XXI Festa Encontro Degustación Millo Corvo
venres, 5 abril, 2019 a domingo, 7 abril, 2019
Meiro,
Bueu

XXI Festa Encontro Degustación Millo Corvo

Exaltación dos produtos elaborados coa variedade Millo Corvo

Organizado pola Asociación Cultural Meiro, ten lugar unha feira gastronómica que é a culminación dun traballo que abrangue todo o ano e que ten por obxecto a recuperación etnográfica, educativa, cultural e gastronómica do millo corvo. É esta unha variedade de millo de cor negra, case extinguida na comarca do Morrazo.

No Encontro-Degustación, os asistentes teñen a oportunidade de probar todo tipo de produtos elaborados coa fariña de millo corvo (pan, tortas, empanadas…) e o público achégase, entre obradoiros e exposicións, ao coñecemento de todo o ciclo natural do millo corvo, da arquitectura popular, dos diferentes apeiros e útiles de labranza. Ademais, durante toda a fin de semana sucédense actuacións de grupos tradicionais, roteiros guiados, contacontos, obradoiros de oficios tradicionais, charlas e proxeccións, nunha gran festa de exaltación do patrimonio inmaterial.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Electrónico
20 de decembro a 31 de xaneiro
Begonte (San Pedro)
Festa do San Brais de Bembrive
9 de xaneiro a 3 de febreiro
Varios espazos
Danzas Ancestrais de San Sebastián
20 de xaneiro
Parroquia de Aldán (San Cibrán)