Evento: Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

  • Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor_Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor
luns, 2 abril, 2018 a martes, 30 abril, 2019
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

Celebración da efeméride con distintas actividades

Luns 23 de abril, celebración do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor

A celebración do Día do Libro remóntase a principios do século XX. Un 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega... Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemprazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Caravel Andrés, propoñéndoa á Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923 e aprobada polo rei Alfonso XIII de España en 1926. O  7 de outubro de 1926 foi o primeiro Día do Libro e, pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro, onde este día coincide con Sant Jordi - San Jorge, patrón de Alemaña, Aragón, Bulgaria, Cataluña, Etiopía, Xeorxia, Grecia, Inglaterra, Líbano, Lituania, Países Baixos, Portugal, Eslovenia e México. É tradicional regalar unha rosa ao concluír unha lectura, evento ou pregón, e que os namorados e persoas queridas se intercambien unha rosa e un libro.

En 1955 o Día do Libro convértese nunha Festa Mundial, proposta pola Unión Internacional de Editores (UTE) e presentada polo goberno á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura(UNESCO). En 1995 apróbase ao fin proclamar o 23 de abrilde cada ano como "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor"

Para celebrar este día, a Biblioteca programou actividades especiais, que podedes consultar con máis detalle nesta mesma sección 

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense
As nosas letras Galegas
2 de maio a 25 de maio
Biblioteca Pública de Ourense