Evento: Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove cada 2 de abril a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, día do nacemento de Hans Christian Andersen.
Como símbolo de unión entre os pobos do mundo, cada ano un país membro do IBBY é o encargado de patrocinar o Día e selecciona a un escritor ou escritora e a un ilustrador ou ilustradora para que redacten e confeccionen a mensaxe e o cartaz dirixidos a todos os nenos e nenas do mundo. Este 2019, o país encargado é Lituania (en 2018 fue Letonia), que difunde a mensaxe do escritor e ilustrador lituano Kęstutis Kasparavičius (1954), e que leva por título "Os libros fannos acougar".
A OEPLI e GÁLIX (organizacións española e galega do Libro Infantil e Xuvenil), en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoven tamén a celebración deste día, realizando a tradución ao español e galego do cartaz e a mensaxe, organizado distintas actividades e animando a que todo/as participemos na celebración deste día.
Na Biblioteca programamos actividades especiais que podedes consultar nesta mesma sección



