Evento: Caxade

Caxade
sábado, 24 marzo, 2018 - 20:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Caxade

Actuación dentro do Atlantic Fest!

Caxade continúan coa xira do seu segundo traballo de estudio e terceiro da súa discografía, tendo en conta o DVD/CD gravado en directo coa Banda de Música da Bandeira. A canción E isto é o Amor é unha letra de Séchu Sende que Alonso Caxade musicou.

Un directo poderoso e envolvente que gusta por igual ao público “indie” e ao “folkie” e que non deixa a ninguén indiferente. A consolidación dun son e dunha voz que insufla aires pop na música tradicional galega. Para o 2018 inclúe a posibilidade de engadir á posta en escena unha escenografía e un atrezzo moi especiais, os elaborados por Leandro Lamas, coa súa particular estética, para o videoclip da canción que lle dá título ao disco, E isto é o amor.

Máis eventos de tipo Concerto

DOA
25 de xuño
Igrexa de San Domingos de Tui
Quiquiriquí
26 de xuño
Espazo Lorenzo Varela
As Historias de Bemol Pequeno
27 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés