Evento: Cine en verde

sábado, 31 marzo, 2018 - 17:00
Centro de visitantes do Parque nacional Illas Atlánticas de Galicia
, Vigo

Cine en verde

Ciclo de cine ambiental

O Parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia continúa en marzo cunha das propostas xa coñecidas da súa programación: o ciclo de cine ambiental Cine en verde. Unha serie de proxeccións coas que queren achegar a oferta audiovisual de cinema vinculado á natureza a toda a familia.

Desta vez contan con dúas propostas para as datas de vacacións de Semana Santa. O venres 30 será o quenda, ás 18 horas, do documental Los bosques del norte, da serie Los desafíos de la Tierra da cadea de televisión británica BBC. 

O sábado 31, ás 17 horas, será a proxección do filme El libro de la selva, na súa versión de 2016.

As proxeccións serán en español, con subtítulos neste mesmo idioma. 

A organización avisa que só se permitirá á entrada ás proxeccións, no salón de actos do Centro de visitantes da sede da rúa Oliva do Parque, ata 15 minutos despois da hora de comezo.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

PROXECCIÓNS E SESIÓNS COMENTADAS DE GRANDES CLÁSICOS DA HISTORIA DO CINEMA
Proxeccións e sesións comentadas de grandes clásicos da historia do cinema.
4 de outubro a 26 de xuño
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo
O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle parte das proxeccións que se inclúen no programa de Cineuropa do 2019
Cineuropa 33
19 de novembro
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Rosauro Castro
Rosauro Castro
19 de novembro
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Rosauro Castro
Rosauro Castro
19 de novembro
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)