Evento: Maruxa Boga. Recordando a Galicia

  • Maruxa Boga. Recordando a Galicia
  • Maruxa Boga
Maruxa Boga. Recordando a Galicia
luns, 13 novembro, 2017 - 19:00
Consello da Cultura Galega,
Santiago de Compostela

Maruxa Boga. Recordando a Galicia

Presentación do libro-disco sobre esta figura pioneira da radio na emigración

Evento de presentación do libro-disco Maruxa Boga. Recordando a Galicia, publicado por aCentral Folque coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura.

A obra presenta a Maruxa Boga, unha das figuras de referencia da emigración galega e pioneira no ámbito da radiodifusión. Boga é, xunto co actor Tacholas, a artífice de Recordando a Galicia, espazo radiofónico emblemático da comunidade de emigrados en Arxentina, que se mantivo en antena desde 1945 ata 1984. Orquestrado segundo unha idea de Castelao, o programa servía como lugar de encontro de intelectuais e artistas e, sobre todo, como vía de difusión da música e as tradicións da comunidade galega en Arxentina.

No acto intervirán o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; María Xosé Porteiro, en representación do Consello da Cultura Galega; o autor, Jesús Blanco Rosas, e Ramon Pinheiro, director artístico da Central Folque.

Pecharán o acto Alejandro Vargas (piano) e Alba María (voz), que interpretarán dous temas recollidos no disco.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal