Evento: Vicente Amigo: Memoria de los sentidos
Vicente Amigo: Memoria de los sentidos
Vicente Amigo: Memoria de los sentidos
Un dos grandes mitos do flamenco en data única en Galicia.
Vicente Amigo conmemora os seus 25 anos de carreira coa publicación do seu oitavo álbum de estudio, Memoria de los sentidos. Con el, o virtuoso compositor e guitarrista, un dos artistas máis recoñecidos e influentes no seu xénero, regresa ás súas raíces, ao flamenco máis tradicional, o terreo mítico do que xorde a súa arte, esa que con tanta mestría e en tantas ocasións deulle argumentos para a mestizaxe e a oportunidade de compartir escenario con artistas da magnitude de Paco de Lucía, Joe Cocker ou Bob Dylan.
Ligazóns