Evento: Coanhadeira

Coanhadeira
domingo, 5 novembro, 2017 - 20:30
SalaSon,
Cangas

Coanhadeira

O grupo galego de folk segue coa xira do seu disco Bicos con luvas

Coanhadeira condensou nunha caixiña todas as pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco anos. Bicos con luvas pretende sumarse en positivo á musica feita en Galicia, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar, ateigar do poder percusivo, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un dos compoñentes da formación e do camiño conxunto até hoxe de Coanhadeira. Por eses camiños, este grupo folk continuará unha traxectoria musical que xa recolleu o recoñecemento do público e da crítica. Gañadora do concurso Nsaio no Camiño 2007 ou do Folk Escenario Prau de Cantabria, Coanhadeira está considerado xa, mesmo antes de lanzar este novo traballo discográfico, como un grupo referente para o sector.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O Son do Camiño 2026
18 de xuño a 20 de xuño
Monte do Gozo
Picadiscos María Faltri
18 de xuño
Praza San Miguel de Reinante
Chuches Amil 
18 de xuño
CPI de Rodeiro