Evento: Atréveste a tocar nun grupo prehistórico?

  • Debuxo de home da prehistoria
Atréveste a tocar nun grupo prehistórico?
sábado, 4 novembro, 2017 - 17:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Atréveste a tocar nun grupo prehistórico?

Novembro mes da ciencia: obradoiro a mans do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

Como soaba a música na prehistoria? Cal sería a canción de moda do verán hai 14.000 anos?

Nesta actividade didáctica poderemos descubrir a música daqueles tempos, aproximándonos aos diversos restos arqueolóxicos e ao rexistro etnográfico como referentes.Poderemos entender a música como unha forma de comunicación e unha das formas de divertimento máis antigas. Os participantes aprenderán as diversas familias de instrumentos musicais da época, os materiais, os tipos de sons e ademais crearán unha bramadera, un dos instrumentos musicais máis antigos que coñecemos.

Realizarase esta peza con madeira e pintarase a súa superficie mesturando pigmentos naturais. Rematarase a actividade aprendendo a utilizar este instrumento de comunicación para enviar mensaxes moi divertidas!

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: de 9 a 12 anos

Nº de prazas: 50

Observacións: de balde, precisa inscrición no web

Máis eventos de tipo Obradoiro

cartel a bica que rica
A bica que rica!
20 de xuño
Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura
Aula didáctica de cultura clásica
22 de xuño a 26 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiros de verán
29 de xuño a 3 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiros de verán
6 de xullo a 10 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel