Evento: A arte como ferramenta científica

  • Cartel da actvidade
A arte como ferramenta científica
xoves, 2 novembro, 2017 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

A arte como ferramenta científica

Pinturas téxtiles e patróns de mostras naturais. Estampación téxtil e en papel.

Este obradoiro con clara vocación experimental busca espertar o interés dos adolescentes pola arte e a ciencia, cunha actividade manual que fomenta a súa creatividade e curiosidade. O resultado será un producto personalizado con representacións pictóricas dalguns dos organismos máis relevantes nos campos da investigación que se están levando a cabo na MBG e no IIM como por exemplo as brásicas, a vide, os cefalópodos e os peixes.

Organizado polo CSIC Galicia coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía, Industria y Competitividad.

Actividade para nen@s de 9 a 12 anos con inscrición previa.

As inscricións pódense realizar a partir do 25 de outubro, mércores, por teléfono 886 15 92 50 ou na biblioteca, na planta baixa (Información), de 9 a 20:30 h.

Haberá dúas sesións, con 20 prazas para cada unha delas.

Horario: 1ª sesión das 18:00h ás 18:50h.

2ª sesión das 19:00h ás 19:50h.

Lugar:Sala de obradoiros

NOTA: En caso de non se cubrir as prazas, poderán asistir no mesmo día, os usuarios que non estiveran anotados previamente, así coma, a criterio dos monitores ampliar a franxa da idade dos asistentes.

Máis eventos de tipo Obradoiro

O Museo e o Manga
18 de outubro
Museo de Belas Artes
Se foses escritora ...
18 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
Laboratorio do Retrato Imaxinado
18 de outubro
Museo de Belas Artes
Encontro coa autora Bea Lema e obradoiro de bordado
20 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal