Evento: A cabeza do dragón

A cabeza do dragón
sábado, 29 setembro, 2018 - 21:00
Auditorio de Vilagarcía,
Vilagarcía de Arousa
Producións Teatrais Excéntricas

A cabeza do dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta, máis dunha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, tamén na cultura europea.

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do dragón. Como é costume, débenlle entregar á princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Enmascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita ao impostor, e aquí é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.

Elenco: María Costas, Víctor Mosqueira, Iván Marcos, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi, Quico Cadaval

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Meco e sono
14 de decembro, 12:00
Sala Bahía - Foz - Lugo
Retranca e maxia
14 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Teatro de papel
14 de decembro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Go on!
14 de decembro, 19:30
Auditorio Municipal - O Grove - Pontevedra