Evento: Filandón de Músicas do Courel

  • Filandón de Músicas do Courel
  • Filandón de Músicas do Courel
Filandón de Músicas do Courel
sábado, 6 agosto, 2022 - 12:00
Seoane do Courel (San Xoán),
Folgoso do Courel

Filandón de Músicas do Courel

Visita ao interior da bicentenaria Ferrería de Seoane

A riqueza musical do Courel recobra vida, ano tras ano, o segundo domingo de agosto nun escenario único no que se citan os tocadores do corno celta, os vellos romances, as cantigas da seitura e outros labores, os brindeiros de voda, gaiteiros e músicos que albergan antiquísimas tradicións.

Ao carón da bicentenaria Ferrería de Seoane, homes e mulleres de todas as idades, moitos deles espontáneos, cantan “a capella” ou interpretan pezas da máis antiga tradición con gaitas, tamborís, tambores, bombos, pandeiretas e algúns singulares instrumentos de percusión que aínda se conservan nestas terras.

Centenares de persoas acoden á explanada da ferraría e gozan das actuacións de músicos, poetas, brindeiros e regueifeiros da comarca e doutras partes de Galicia. Unha exposición de instrumentos tradicionais, discografía e bibliografía popular xunto coa degustación de pan de trigo de Noceda e dos exquisitos freixós con mel das colmeas do Courel, entre outros produtos da terra, poñen a guinda a esta festa que naceu por iniciativa do musicólogo Xosé Lois Foxo para recuperar o inxente patrimonio musical do Courel.

A singular manifestación da memoria viva do Courel comeza coa posta en marcha do mazo centenario e dos foles da ferraría, unha das máis importantes instalacións industriais e arquitectónicas deste tipo que se conservan no Occidente europeo, convertida nun auténtico museo etnográfico. Logo, ten lugar a chamada ao Filandón (o nome procede do antigo labor de fiar o liño que se realizaba en veladas festeiras) facendo uso do corno celta, como antigamente se reunía os veciños.

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

XXVII Semana Cultural de Nigrán
9 de agosto a 12 de agosto
Praza da Carrasca
Mostra do mel do Val de Quiroga
10 de agosto
Varios espazos
Festas Patronais de San Lourenzo
9 de agosto a 15 de agosto
varios espazos
Feira dos Santos
30 de xaneiro a 1 de novembro
varios espazos