Evento: Ruta Bidueiral de Montederramo

Ruta Bidueiral de Montederramo
sábado, 16 setembro, 2017 - 12:30
Campo de Casar,
Montederramo

Ruta Bidueiral de Montederramo

Roteiro por undos bosques de bidueiros con vexetación eurosiberiana que se atopa máis ao sur de Europa

O espazo natural do Bidueiral de Montederramo está situado entre a Ribeira Sacra e o macizo central de Queixa-Manzaneda.

Trátase dun conxunto boscoso dunha grande importancia ecolóxica, integrado na Rede Natura 2000. É un dos bosques de bidueiros con vexetación eurosiberiana que se atopa máis ao sur de Europa. O percorrido de Espazos Sonoros iníciase no Campo do Casar, intérnase no bidueiral e transcorre por unha das máis vizosas e espectaculares fragas de Galicia, con abondosas mostras de especies autóctonas coma bidueiros, carballos, acivros, abeleiras, cancereixos, arandeiras, e unha variada fauna de corzos, xabarís, lebres, aguias, mouchos e azores, entre outras especies.

Para achegarse ao punto de saída, haberá que dirixirse primeiro á localidade da Mogaínza, do concello de Montederramo, e logo tomar unha pista de terra ata o Campo do Casar. De tipo circular, o percorrido devolverá aos participantes ao punto de saída para volver á vila de Montederramo e participar, antes do concerto, nunha visita guiada polas dependencias do mosteiro.

 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Obradoiros e visitas para o curso escolar no Museo Massó
Obradoiros e visitas guiadas
8 de setembro a 19 de xuño
Museo Massó
ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
O Museo a fondo. Serafín Martínez del Rincón y Trives
12 de marzo a 20 de xuño
Museo de Belas Artes