Evento: Visita guiada polo mosteiro de Sobrados dos Monxes

Visita guiada polo mosteiro de Sobrados dos Monxes
domingo, 3 setembro, 2017 - 15:30
Mosteiro de Santa María de Sobrado,
Sobrado

Visita guiada polo mosteiro de Sobrados dos Monxes

Roteiro para os participantes no obradoiro de achegamento á música antiga

Para as persoas participantes no obradoiro de achegamento á música antiga de Espazos Sonoros está prevista, con anterioridade ao comezo da sesión, unha visita guiada polo mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.

Nela, os e as participantes  percorrerán os seus claustros —o Procesional ou dos Medallóns e o da Hospedería ou dos Peregrinos—, a igrexa barroca coa súa profusa decoración en pedra, as súas capelas e a sancristía, a antiga cociña abovedada e presidida por unha gran cheminea e a sala capitular, na que terá lugar o propio obradoiro.

Inscrición: actividade exclusiva para as persoas participantes no obradoiro de achegamento á música antiga (non é preciso inscribirse á parte)

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Imaxe
Compostela no cambio de século: unha cronoloxía da modernidade
17 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Redescubrindo Ourense. Ourense removido
24 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Redescubrindo Ourense. Comercio en Ourense
25 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense