Evento: Terra da Fraternidade

venres, 14 xullo, 2017 - 23:00 a martes, 18 xullo, 2017 - 23:45
Praza da Quintana
, Santiago de Compostela

Terra da Fraternidade

Festival de mestizaxe con actuacións de artistas galegos xunto formacións procedentes de África, América e Europa

Festival que forma parte da programación das Festas do Apóstolo que converte a Praza da Quintana, na capital galega, nunha especie de terra prometida para a diversidade cultural e musical do planeta en conexión coa cidade e co talento local. En cada unha das cinco xornadas combínanse artistas de culturas de tres continentes con cadansúa contraparte galega. Trátase así dun dobre concerto que inclúe a interpretación dalgún tema no que ambas as dúas músicas se fusionan. 

Supón toda unha oportunidade para a descuberta das e dos artistas máis populares e sorprendentes de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia, Portugal… e, por suposto, Galicia. Así, formacións como Warsaw Village Band (Polonia), Selma Uamusse (Mozambique), Pat Thomas & Kwashibu Area Band (Ghana), Girma Beyene & Akale Webé (Etiopía/ Francia) e Bixiga 70 (Brasil) amosarán na capital galega as súas composicións propias, á vez que compartirán ritmos, creacións e micro con Mercedes Peón, Raigañas, Habelas Hainas, Adrián Costa, The Lákazans, Abe Rábade e García MC.

Trátase dunha selecta programación baseada na hibridación e fusión para bailar e gozar nun espazo único como a Praza da Quintana ao ritmo de sons da música tradicional, jazz, Highlife, afrobeat e afrocaribeña, rap, blues, soul, folk, ethio, afrofunk, malinké, dub, candomblé, samba, cumbia, carimbó, kuduro… 

PROGRAMA
14 de Xullo
23:00_RAIGAÑAS
23.20H_RAIGAÑAS + MERCEDES PEÓN
23.30H_WARSAW VILLAGE BAND
23.50H_WARSAW VILLAGE BAND + MERCEDES PEÓN

15 de Xullo 22:00_HABELAS HAINAS
23:00_SELMA UAMUSSE
23.50_SELMA UAMUSSE + HABELAS HAINAS

16 de Xullo
22:00_ADRIÁN COSTA & THE CRIERS
23:00_PAT THOMAS & KWASHIBU AREA BAND
23.50_PAT THOMAS + ADRIÁN COSTA 

17 de Xullo
22:00_THE LÁKAZANS
23:00_GIRMA BEYENE & AKALE WEBÉ
23.50_GIRMA BEYENE & AKALE WEBÉ + ABE RÁBADE + THE LÁKAZANS

18 de Xullo
22:00_GARCÍA MC PRESENTA “A NACIÓN QUILOMBO”
23:00_BIXIGA 70
23.50_BIXIGA 70 + GARCÍA MC

Ao remate de cada concerto: verbena global Beat Con DJ Najle

Máis eventos de tipo Festival

Cineuropa31
#Cineuropa31
7 de novembro a 28 de novembro
Varios espazos
XIII Festival de Títeres María José Jove
XIII Festival de Títeres María José Jove
26 de decembro
Fundación María José Jove
XIII Festival de Títeres María José Jove
XIII Festival de Títeres María José Jove
26 de decembro
Forum Metropolitano