Evento: Mostra da Olería de Buño

  • Mostra da Olería de Buño
  • Mostra da Olería de Buño
Mostra da Olería de Buño
xoves, 3 agosto, 2023 a domingo, 6 agosto, 2023
Buño,
Malpica de Bergantiños

Mostra da Olería de Buño

Exhibicións de oleiros na Casa do Oleiro e cocedura tradicional no Forno do Forte

Buño é hoxe en día o maior centro oleiro de Galicia, cunha vintena de homes e mulleres dedicados a este oficio que deu sona á localidade desde antano.

Uns representan o oficio oleiro máis tradicional, coas súas queimadas, cuncas e viradeiras, e outros beben del e recrean novas propostas. Uns levan toda unha vida cultivando formas e cores tradicionais en pezas de singular beleza e perfecto acabado, co barro branco como único argumento decorativo, e outros son novos oleiros que se abren camiño con pezas de corte moderno. Hai quen traballa as pezas negras (cocidas nun forno de leña) e quen aplica azuis e amarelos vivos, listas horizontais ou esmaltes ás súas creacións. Hai quen está enraizado na tradición oleira coas súas cores terrosas e cálidas en pezas de orixe ancestral e quen abriu innovadoras liñas creativas e comerciais con bonecas estilizadas ou xogos de viño e de café de vistosas cores. Toda esta explosión de propostas, tradicionais e vangardistas, nas que se perciben personalidades diferentes, delicadas creatividades e moito dominio do oficio, é obxecto da Mostra de Olería de Buño, que constitúe unha interesante mestura entre tradición e contemporaneidade.

Co gallo da Mostra, organízase na localidade un completo programa de actividades para nenos, exposicións, concertos, representacións teatrais, xornadas gastronómicas e rutas turísticas organizadas ao longo de dez días.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Lamprea
26 de abril a 28 de abril
Varios espazos
Festa da Troita
30 de abril a 1 de maio
varios espazos