Evento: Festa da Pescada do pincho de Celeiro
Festa da Pescada do pincho de Celeiro
Máis do 50 por cento das capturas que chegan ao porto pesqueiro de Celeiro, un dos máis importantes de Galicia, son de pescada, polo que non é de estrañar que este produto sexa o protagonista dunha festa gastronómica que recibe a milleiros de visitantes a fin de semana anterior ao 25 de xullo. Dende finais dos 90, a lonxa vella do porto acolle a degustación deste exquisito peixe branco pescado de xeito tradicional ao anzol. Máis de 2.000 racións repártense nesta importante cita gastronómica da Mariña Occidental, na que non falta a música e a tradicional queimada.
A pescada pode degustarse en suculentas preparacións como a especial Penalba, á galega, en caldeirada ou en prebe verde, ademais de en empanada. A asociación Penalba é a encargada de organizar a festa, na que colaboran a Confraría de Pescadores e o Concello de Viveiro. A pescada do pincho de Celeiro incorporouse no ano 2003 á denominación Galicia Calidade, converténdose así no primeiro produto fresco do mar amparado en España por unha marca de garantía.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

