Evento: Romaría de Santa Minia

Romaría de Santa Minia
venres, 18 setembro, 2026 a domingo, 20 setembro, 2026
Brión

Romaría de Santa Minia

A Romaría de Santa Minia de Brión e máis as vésperas celébranse cada 27 de setembro, na carballeira do mesmo nome. O terceiro dos días de celebración depende do día de semana no que caia o 27, tanto pode ser o día 25 como o 28. Esta romaría é o evento máis importante e principal punto de atracción turística do noso concello, sendo ademais un dos máis importantes da comarca de Santiago. Dende a súa primeira celebración no ano 1848, cada ano atrae a milleiros de romeiros de todos os recunchos de Galicia a Brión. Todo isto grazas á implicación da poboación local, dos romeiros e turistas que cada ano se achegan a esta romaría. Cos anos esta romaría converteuse nun punto de encontro gastronómico: degustar o polbo.

A destacar da Romaría de Santa Minia tres aspectos:

- Relixioso, a fama milagreira da santa fai que, cada ano, milleiros de romeiros se acheguen a Brión á celebración desta festividade.
- Gastronómico, cos anos tomar o polbo pola Santa Minia de Brión, converteuse nunha tradición moi arraigada en toda a comarca.
- Cultural e lúdico: os fogos da véspera, as actuacións musicais de grupos de renome da música galega, orquestras e escolas de música e baile tradicional de Brión e festival de bandas de música. Actuacións teatrais. Festival monecadas.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festividade da Virxe de Guadalupe
11 de setembro a 18 de setembro
varios espazos
Festa de Xesús O Nazareno-Festa das Mortallas
18 de setembro a 21 de setembro
A Pobra do Caramiñal
Festa da Ameixa de Campelo
18 de setembro a 20 de setembro
Festa da Pataca
19 de setembro a 20 de setembro