Evento: Iris Azquinezer

Iris Azquinezer
venres, 2 xuño, 2017 - 20:30
Casa do Saber,
Lugo

Iris Azquinezer

Concerto desta violonchelista internacional

Nacida en Madrid en 1984, goza de concertos por toda Europa, tanto como solista como coas diferentes agrupacións que fundou ao longo dos anos. Zaruk, co guitarrista Rainer Seiferth, o dúo Azquinezer-Galera co pianista Antonio Galera ou o seu cuarteto de corda, ou con Fuoco quartet co que debutou en festivais en Alemaña, Suíza, Italia e Turquía.

Empezou os seus estudos de violonchelo aos 3 anos, e os de piano aos 5 anos, coa súa nai, a falecida compositora María Escribano.

Obtivo diversos títulos con honores, como o posgraduado de solista con Xenia Jankovic na Hochschule für Musik Detmold, o de cámara co Auryn quartet e o mestrado de orquestra en Dortmund, Alemaña, así como estudos de perfeccionamento no Instituto de Cámara da Escola de Música Reina Sofía en Madrid, na cátedra de cuartetos de corda, con Günter Pichler.

Con todo, Iris non só se fixo un espazoso oco na música clásica, pois no ámbito da música contemporánea e de nova creación creceu e se formou como artista, aos seus 16 anos gravou o CD Concerto-Conto, Suite do Zodíaco Chino con música e texto de María Escribano. Así mesmo, destacan as súas actuacións no Festival de Música Contemporánea de Alacante, o Encontre de Compositors de Mallorca e diversas xiras por Cuba e España.

Esta actuación forma parte da programación do Festival de música Cidade de Lugo.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
Saratoga
24 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5