Evento: Micro Impactos

  • Micro Impactos
  • Espazos Sonoros
Micro Impactos
sábado, 25 outubro, 2014 - 19:00
Igrexa da Magdalena,
Ribadavia

Micro Impactos

Experimentación a través do son, da imaxe e do movemento

Micro Impactos é unha obra que afonda na interrelación entre a danza contemporánea, o live cinema e a experimentación sonora, para xerar un código relacional propio a partir da combinación entre as tres disciplinas artísticas e a confrontación entre os conceptos de “corpo físico” e ”corpo dixital”.

Estruturada en módulos-impactos, a obra parte dunha localización concreta (site specific) para ir conformando un espazo escénico de seu a través da combinación das sensacións que transmiten o movemento do corpo, a proxección das imaxes transformadas a tempo real e a reelaboración, ao vivo, do espazo sonoro no que a obra foi concibida por parte de Voltage Opposites e que agora se escenifica para Espazos Sonoros.

Paula Quintas, coreografía e interpretación
Xoán-Xil López, creación sonora
Adriana Pazos Ottón, imaxe, localizacións vídeo e tratamento visual

 

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ondamini
25 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
25 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés