Evento: Brundibar

Brundibar
domingo, 18 decembro, 2016 - 17:30
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Brundibar

Ópera infantil de Hans Krása, con dirección de escena e monólogo de Cándido Pazó

Ópera de Hans Krása sobre un libreto de Adolf Hoffmeister, interpretada por nenos e mozos da Escolanía da Catedral de Santiago e a orquestra xuvenil Praeludim, coa participación e dirección artística de Cándido Pazó.

 

Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela. Director: José Luis Vázquez López
Orquestra Praeludium. Director: Mateo Iglesias Seoane
Dirección de escena e monólogo: Cándido Pazó

Tradución e adaptación do libreto ao galeg: Katerina Vlasakova, Fernando Reyes e Cándido Pazó

Producen: Asociación dos Amigos da Ópera de Vigo e Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.

Argumento
Dous irmáns, Aninka e Pepicek, necesitan comprar leite para a súa nai enferma, pero non teñen diñeiro. Para conseguilo deciden imitar a Brundibár, o malvado organilleiro da vila, que non llelo porá fácil. Conseguirán Aninka e Pepicek, coa axuda dos animais e dos outros nenos, o seu obxectivo?

Contextualización da obra
Hans Krása naceu en Praga en 1899. Krása foi deportado ao campo de concentración de Terezín xunto con outros intelectuais xudeus da época. Alí, coa axuda dos músicos confinados no campo e para entreter os nenos e nenas prisioneiros, montaron coa participación dos pequenos esta ópera, que representaron 55 veces, coma 55 respiros ante a opresión e como mensaxe de que a bondade vence á maldade. Krása faleceu en Aschwitz en 1944.

Duración aproximada do espectáculo: 50 minutos.

Máis eventos de tipo Espectáculo