Evento: Pendanca e oso, un espectáculo de Aldaolado sobre o amor

  • María Lado e Lucía Aldao
Pendanca e oso, un espectáculo de Aldaolado sobre o amor
martes, 27 decembro, 2016 - 21:30
Café cultural Auriense,
Ourense

Pendanca e oso, un espectáculo de Aldaolado sobre o amor

Espectáculo poético musical a cargo de Lucía Aldao e María Lado

Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no seu novo espectáculo, poñéndolle moita música e moito humor ó amor máis romántico e ó amor máis miserable.

Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é Pendanga e oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade.

Este espectáculo forma parte da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Máis eventos de tipo Concerto

French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
Saratoga
24 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ukestra do medio
24 de maio
Laroom
Son de Camagüey
24 de maio
Museo de Belas Artes