Evento: Sobrevivir unha apocalipse zombi con métodos do paleolítico

  • Fogata
Sobrevivir unha apocalipse zombi con métodos do paleolítico
sábado, 26 novembro, 2016 - 17:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Sobrevivir unha apocalipse zombi con métodos do paleolítico

Obradoiro divulgativo, organizado pola Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia (co apoio do Instituto de Ciencias del Patrimonio)

Nesta actividade de arqueoloxía experimental terase a oportunidade de aprender as diferentes técnicas de supervivencia da prehistoria como por exemplo a domesticación e produción de lume ou a creación das lámpadas que permitiron alumear as covas. O persoal investigador guiará aos participantes nunha auténtica viaxe á Prehistoria na que poderán vivir o pasado máis remoto.

Nesta singular viaxe se traballará coa tecnoloxía do pasado que non precisa de pilas, nin de wi-fi, nin de nada máis que as mans. O obxectivo e agudizar o enxeño para deseñar e fabricar unha ferramenta para a supervivencia na prehistoria: unha lanterna feita con sebo animal, corda vexetal e cunchas de moluscos... Aprenderemos ademais a acendela e dicir, a facer lume sen chisqueiro.

Duración: 2 horas

Público: de 12 a 18 anos

Número de prazas: 55

Observacións: De balde, precisa inscrición no web

Actividade dentro da programación do Mes da ciencia.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de inciación á Historia da Arte
Obradoiro de introducción á Historia da Arte
10 de setembro a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
“Estudar é + doado se sabes COMO” (2ª Sesión)
25 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Con outras palabras: achégate á tradución
29 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A nube das palabras bonitas
2 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola