Evento: Obradoiro de canto con Guadi Galego: Pélago, contos oníricos
Obradoiro de canto con Guadi Galego: Pélago, contos oníricos
‘Pélago. Contos oníricos’ propón unha maneira diferente de vivir un disco, transformando a escoita nunha experiencia compartida. Nesta actividade, Guadi Galego presenta unha proposta na que o público deixa de ser un mero espectador para converterse nunha parte esencial da interpretación. As persoas participantes aprenderán os coros das cancións do disco e descubrirán o pracer de interpretalos en comunidade, creando un espazo de encontro no que as voces individuais se unen nunha soa. Non é preciso ter coñecementos musicais nin corais, só ganas de cantar, compartir e formar parte da experiencia.
.
Con ‘Sons de Peto’, a USC amplía a súa programación cultural cun ciclo que aposta por escoitar a música desde máis preto, achegando artistas e público e permitindo descubrir os seus traballos en formatos diferentes aos habituais. A proposta busca así crear momentos de escoita máis próximos e íntimos.
...
Organiza a USC coa colaboración da Deputación da Coruña



