Evento: Ano internacional dos legumes
Ano internacional dos legumes
A declaración do Ano Internacional das Legumes 2016 por parte de Nacións Unidas ten, entre outros obxectivos, sensibilizar á poboación sobre as vantaxes nutricionais dos legumes. Neste contexto, e sabendo da importancia de fomentar accións de divulgación científica sobre as leguminosas, o Grupo de Investigación de Bioloxía de Agrosistemas da MBG propón as seguintes actividades nas que se busca a implicación das familias.
- Especies e variedades de leguminosas, cantas coñeces? brancas, negras, pintas, redondas, ovaladas..., neste obradoiro poderás observar e tocar sementes moi diferentes. Son parte da enorme diversidade de leguminosas que existen na actualidade. Aprenderás cales son as diferenzas entre elas.
- Fases de xerminación e crecemento da planta, parácheste algunha vez a pensar cómo son as plantas dos chícharos?, e dos garavanzos?, e das xudías? Nesta actividade aprenderás sobre o seu ciclo de vida con exemplos de plantas reais en diferentes fases de crecemento.
- Degustación de ñuñas Seguro que non coñeces esta leguminosa pero neste obradoiros aprenderás sobre elas e tamén poderás degustalas como se dun aperitivo se tratase.
- Sesión de mini-documentais sobre leguminosas. No ecuador da actividade sentarémonos a visualizar dous vídeos ven cortiños sobre as leguminosas na nutrición e a súa importancia no medio ambiente.
- Actividade simbioses Leguminosa-Rhizobium: Na última parte do obradoiro sacaremos as lupas binoculares para observar uns singulares bultiños (nódulos) que as leguminosas teñen nas raíces. Parecen cousa normal pero na realidade teñen que ver cunhas bacterias que viven no solo. Todos os participantes levarán un recordo do obradoiro.
Duración: 2 horas
Lugar: Biblioteca de Galicia
Público: familiar (recomendado a partir de 6 anos)
Número de prazas: 65
Observacións: de balde, precisa inscrición no web
Organiza:Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia (co apoio da Misión Biolóxica de Galicia)
Actividade dentro da programación do Mes da Ciencia.