Evento: Un Magosto de Medo
Un Magosto de Medo
sábado, 5 novembro, 2016 - 18:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela Un Magosto de Medo
Vive un Magosto de Medo a través dos contos de Raquel Queizás
O Samaín, a noite de Defuntos, a Santa Compaña, os magostos, o outono… A tarde do 5 de novembro convidámosvos a vivir en familia unha contada de medo!
Primeiro teremos que ambientarnos para a ocasión, tiznando a cara tal e como manda a tradición dos magostos e aprendendo a elaborar con castañas asadas o popular rosario de zonchos. Unha vez listos, a narradora Raquel Queizas descubriranos contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias nas que todos seremos protagonistas.
+ info e inscricións: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/un-magosto-de-medo
Máis eventos de tipo Espectáculo



