Evento: As cancións tradicionais galegas na escola e no fogar

As cancións tradicionais galegas na escola e no fogar
sábado, 22 outubro, 2016 a domingo, 23 outubro, 2016
Milladoiro,
Ames

As cancións tradicionais galegas na escola e no fogar

Obradoiro de música tradicional para as aulas

O cancioneiro popular galego pervive na memoria colectiva grazas á transmisión oral. Esta herdanza musical foi coidadosamente recompilada, analizada e clasificada por recoñecidos etnomusicólogos: Casto Sampedro, Jesús Bal y Gay e Eduardo Torner, Colectivo Fuxan os Ventos, Dorothe Schubart e Antón Santamarina, entre outros. A maioría destas cancións e danzas tradicionais foron recollidas no medio rural galego nunha época na que tiñan unha función intimamente ligada á vida comunitaria. Os importantes cambios no estilo de vida da sociedade contemporánea son unha circunstancia que non debería impedir aos rapaces e ás rapazas manter o contacto con estas expresións folclóricas, de tal xeito que se puidesen enriquecer do seu valor artístico e literario. Ademais, a linguaxe materna musical incide na súa percepción sensorial, afectividade, imaxinación, creatividade e comunicación, de aí a grande importancia de que estes coñecementos pervivan.

Contidos:

  • Coñecemento e aprendizaxe do Cancioneiro tradicional galego en distintos niveis segundo as súas dificultades técnico-interpretativas: cantos infantís, cantos de Nadal, cantos de Reis, cantos de labor, cantos de costumes, cantos de xogos, romances…
  • Cancións a capella ou con acompañamento de piano, pequena percusión, percusión corporal, instrumentos de láminas, frauta doce...
  • Cancións  harmonizadas a dúas e tres voces.
  • Coñecemento dos ritmos folclóricos máis característicos de Galicia por medio de audicións comentadas: muiñeira, xota galega, alalá…

Duración: 8 horas

Datas: 22 e 23 de outubro (10 a 14h)

Lugar: Sede de NEG (R/das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro)

Imparte: Antonio Cerviño Loira

Destinatarios: Profesores /as de música de ensinanza primaria e secundaria, estudantes de conservatorios, estudantes de Ciencias da Educación e aquelas persoas conscientes da importancia das cancións tradicionais como recurso pedagóxico no proceso de iniciación musical dos/das rapaces e rapazas.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense