Evento: Microteatro psicopático

Microteatro psicopático
domingo, 9 outubro, 2016 - 12:00
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Microteatro psicopático

Achegamento á obra literaria de Javier Tomeo co compositor Óscar Carmona Carlos Álvarez-Ossorio, actor

As posibilidades de reinventar a ópera e o teatro revélanse nesta proposta baixo a dirección dun nome singular do teatro español como é Carlos Álvarez-Ossorio, cun espectáculo en estrea absoluta no que actor e músicos están ao mesmo nivel en escena. A sesión tamén contará co compositor, pianista e artista interdisciplinario Óscar Carmona.

Teatro psicopático indaga formas complexas de comunicación e interacción entre sons, a imaxe e o xesto. É unha mestura de realidade e ficción nun proceso continuo de hibridación monstruosa que se achega ás derradeiras investigacións sobre a comunicación e a linguaxe. Os actores-músicos e os músicos-actores desenvolven unha experiencia teatral e musical estendida que traduce en música as palabras, as voces, os ruídos, a xestualidade, a linguaxe, o espazo escénico, os vídeos, a luz... e eliminan fronteiras entre acción musical e teatral para izar un idioma universal que, desbotadas as prerrogativas do sentido, non precisa do texto para propender cara a emocións agachadas. 

Concerto dentro das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago

Máis eventos de tipo Concerto

Miguel Matamoro
21 de xullo
Museo Ramón María Aller Ulloa
Tubos do mundo
22 de xullo
Praza do Reló
JET
22 de xullo
Rúa de Concepción Arenal, 5