Evento: Aló Django Cuarteto

sábado, 23 novembro, 2019 - 22:30
La Pecera
, Vigo

Aló Django Cuarteto

Divertido concerto inspirado na música de jazz e na dos xitanos manouche

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, deonde veñen parte do seus integrantes.

Esta programación forma parte da Rede galega de música ao vivo e pode sufrir modificacións. Máis informacións nas salas correspondentes.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Spanish Castle Magic
23 de novembro, 22:00
Sala Moon Music Club
Los Wavy Gravies
23 de novembro, 22:30
SalaSon
Andhrea & the Black Cats
29 de novembro, 21:30
La fábrica de Chocolate Club
Anarchicks
29 de novembro, 22:00
Moon Music Club